Abadín, Abadín

Abadín
Lugar de Gontán.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°21′00″N 7°29′00″O / 43.35, -7.48333333
Área2,55 km²
Poboación242 hab. (2025)
Densidade94,9 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Abadín é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Segundo datos do IGE[2], en 2023 tiña 242 habitantes (120 homes e 122 mulleres). Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2015 cando vivían nas súas sete entidades de poboación 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres).

Xeografía física e humana

Limita coas parroquias de Candia, Cabaneiro, Fanoi, Fraiás e Quende. Ten unha altitude media de 500 msnm.

Dos once lugares recollidos na toponimia oficial, sete son entidades de poboación; a súa densidade media de poboación no 2025 era 94,9 hab/km². As devanditas entidades co seu respectivo número de habitantes no 2025 son Os Carballás (32), Fernandaño (10), Gontán (14), Pedralba (7), Pedreiras (60), Provecende ou Abadín (102), e A Torre (17). Outros lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: O Convento, O Correo e A Poceira.

Relixiosamente, pertence ao arciprestado da Terra Chá da diocese de Mondoñedo-Ferrol. A partida bautismal máis antiga que recolle o arquivo parroquial corresponde ao 1738.

Patrimonio

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Na aldea da Torre atópase a igrexa parroquial de Santa María de Abadín, situada nun alto que domina unha extensa zona de labradío, coa paisaxe montañosa ao fondo. É de estilo románico da primeira metade do século XII, coa capela maior do século XVI de estilo gótico isabelino, e cunha sancristía acaroada detrás de época posterior. A nave ten unha planta rectangular, cos muros de cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas e catro augas. A fachada ten un arco de medio punto con grandes doelas, un pequeno rosetón céntrico con trazarías, e espadana dun só corpo e dous vans. Aparece coroada por dous escudos nos laterais da fachada, nos que se distinguen as estrelas e a media lúa da casa dos Luaces, que estivo vinculada a esta parroquia dende o ano 1574. No interior destaca a capela maior con arco triunfal de medio punto sobre columnas cuxos capiteis teñen os escudos dos Luaces, igual que a clave da bóveda nervada; dúas laudas sepulcrais no pavimento pétreo; retablo maior de estilo renacentista popular e retablos laterais de traza popular e máis moderna.

Ao seu carón sitúase, ademais, un fermoso cruceiro realizado en granito no adro: consiste nunha cruz florenzada coas figuras de Cristo no anverso e a Piedade no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal coa custodia e os atributos da Paixón; con base tronco-piramidal sobre dous chanzos cuadrangulares e sen inscrición.

Lugares e parroquias

Lugares de Abadín

Lugares da parroquia de Abadín no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Os Carballás | O Convento | O Correo | Fernandaño | Gontán | Pedralba | Pedreiras | A Poceira | Provecende ou Abadín | A Torre

Parroquias da Abadín

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Content Disclaimer

Informasi ini disarikan dari Wikipedia dan disajikan kembali untuk tujuan edukasi. Konten tersedia di bawah lisensi CC BY-SA 3.0. Kami tidak bertanggung jawab atas ketidakakuratan data yang bersumber dari kontribusi publik tersebut.

  1. The information displayed on this website is sourced in part or in whole from Wikipedia and has been adapted for the purpose of restating it. We strive to provide accurate and relevant information, however:
  2. There is no guarantee of absolute accuracy. Wikipedia is an open, collaborative project that can be edited by anyone, so information is subject to change.
  3. It is not intended to constitute professional advice. The content displayed is for informational and educational purposes only. For important decisions (e.g., medical, legal, or financial), please consult a professional.
  4. Content copyright. Wikipedia is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike License (CC BY-SA). This means that content may be reused with appropriate attribution and shared under a similar license.
  5. Responsible use. Any risk arising from the use of information from this website is entirely the responsibility of the user.